Antonio Olveira e Eloy Rodríguez conquistan o Campionato Galego de Caza

07 Agosto 2019

20190807. A pasada fin de semana disputouse en Boiro o Campionato Galego de Caza con moi bos resultados para dous ribeirenses.

Así, Antonio Olveira proclamouse campión na modalidade San Huberto, mentres que Eloy Rodríguez obtivo un segundo posto en Levantadores e un primeiro posto en Cans de Parada co seu can Azor.

Segundo manifestou a Sociedade de Caza e Pesca Barbanza, trátanse de “magníficos resultados” tendo en conta que antes tiveron que clasificarse nos certames local e provincial, ademais de que na proba do sábado pasado se mediron coa elite da cinexética galega, tradicionalmente dominada por cazadores de Ferrol. O seu próximo reto é disputar o Campionato de España de Caza que se celebrará en Lleida.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.