Adxudicación provisional das obras para acondicionar e reordenar o espazo público en Martín

09 Agosto 2019

20190809. A adxudicación provisional dunha actuación destinada á reordenación do espazo público no ribeirense lugar de Martín permitirá acondicionar e reordenar unha zona adquirida recentemente polo Concello na beira da estrada DP-7308 co obxectivo de poder ser utilizada como aparcamento e zona de espallamento.

A empresa que resultou mellor clasificada no procedemento de licitación das 14 propostas presentadas, dúas das cales causaron baixa temeraria, foi Groma Obras, S.L., cunha oferta de 34.433 euros, IVE incluído.

O proxecto técnico elaborado polos servizos municipais inclúe a demolición dun muro que linda coa citada estrada e a escavación da parcela para alcanzar a cota da vía. Deste xeito, poderase executar unha beirarrúa e unha zona de aparcamento que mellorarán a seguridade viaria, ademais de instalar un colector de augas pluviais.

O resto da superficie será axardinada, instalando bancos, céspede e diversas especies vexetais.

A actuación está financiada polo Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña e ten un prazo de execución de dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.