A Xunta destina case 200.00 euros en materia turística aos concellos da área do Barbanza

09 Agosto 2019

20190809. O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, manifestou que a Consellería de Cultura e Turismo destina case 200.000 euros aos concellos da área do Barbanza a través das diferentes liñas de axudas. En primeiro lugar informou das axudas para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural. En segundo lugar valorou as achegas para a contratación de persoal nas oficinas de Turismo, e en terceiro lugar analizou as axudas para a promoción das festas de interese turístico de Galicia, coas que se apoia a súa difusión e promoción e se incorpora ademais a cobertura dos gastos para a posta en marcha da campaña de información e sensibilización fronte á violencia sexual en espazos públicos emprendida no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

O delegado territorial destacou que “as achegas para a mellora da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos  van dirixidas a mellorar a calidade dos recursos turísticos dos concellos para facelos máis atractivos aos visitantes.” Neste senso, apuntou que “estas subvencións están orientadas ao fomento e posta en valor da riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística dos municipios.”

Concretamente, na zona do Barbanza recibirán estas subvencións a Agrupación Ría Muros-Noia, Boiro, Muros e Porto do Son.

Ademais, o Goberno galego ampliou os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou xeodestinos, entre outros, co obxectivo de afondar na colaboración coas administracións locais e mellorar as infraestruturas turísticas a través do seu embelecemento e a mellora da sinalización ou da accesibilidade, principalmente.

Nas convocatorias da Consellería de Cultura e Turismo inclúense tamén as subvencións para a contratación de persoal nas oficinas de turismo que recibirá A Pobra do Caramiñal, Muros, Outes, Lousame, Muros, Noia, Porto do Son e Ribeira.

Así mesmo, recóllense as axudas aos concellos para o apoio, promoción e difusión para as festas declaradas de interese turístico de Galicia que en 2019 beneficiará á Festa do Nazareno de A Pobra do Caramiñal, ao San Ramón de Bealo de Boiro, ao Gran Premio de Carrilanas de Muros, á Festa de Guadalupe de Rianxo e á Festa da Dorna de Ribeira.

Esta terceira liña de axudas céntrase na promoción das festas de interese turístico de Galicia, coas que se apoia a súa difusión e promoción e se incorpora ademais a cobertura dos gastos para a posta en marcha da campaña de información e sensibilización fronte a violencia sexual en espazos públicos emprendida no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Estas axudas chegarán aos concellos de A Pobra do Caramiñal, Boiro, Muros, Rianxo e Ribeira.

Estas partidas destínanse aos concellos galegos nos que se celebren algunha das 124 festas de interese turístico e contribúen ao apoio, promoción e difusión das celebracións. Tamén inclúe a posta en marcha, durante a festa, da campaña Agresión Off, Eu digo non á violencia sexual.

As festas poden obter unha axuda de 6.000 euros, xa que as actuacións subvencionables relativas á promoción e difusión poderán acadar un máximo de axuda de 3.000 euros e as relativas á campaña de información e sensibilización fronte a violencia sexual en espazos públicos outros 3.000. En total, a liña de subvencións conta cun investimento global superior aos 600.000 euros coa colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Do mesmo xeito, a Consellería de Cultura e Turismo conta cun convenio coa entidade financeira Abanca, polo que cada celebración pode acceder a unha axuda adicional de 1.500 euros.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...