A xira A Estrada da vida de Manoele de Felisa fai unha parada este venres en Rianxo

14 Agosto 2019

20190814 O músico galego Manuel Vázquez Fernández, máis coñecido como Manoele de Felisa, vai estar en Rianxo este venres 16 para ofrecer un concerto a residentes e visitantes. Será na praza Rafael Dieste a partir das 22.00 horas. A actuación do cantautor de Cuntis insírese na xira A estrada da vida, naque pon música áobra literaria do estradense Xosé Luna. O concerto, que forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña, insírese tamén no ciclo Música na Noite do Concello de Rianxo.

A xira comezou o ano pasado coa presentación do proxecto A Estrada da vida, un libro disco no que, como dixemos, Manoele de Felisa pon música aos poemas de Xosé Luna, escritor, profesor e editor da Estrada. A diferenza do que adoita acontecer neste tipo de proxectos, xeralmente asociados a estilos clásicos de canción de autor, a confluencia entre ambos artistas deu lugar a unha luminosa escolma creativa, unha obra pop influenciada pola música dos anos oitenta.

En A Estrada da vida Manoele de Felisa dálle unha viraxe a obras de Luna como o Libro dos bicos, A Estrada Pop ou Memorias do Cairo. O libro disco vén cun prólogo de Xosé Manuel Lobato e está ilustrado pola artista Amalia López Brea, Luchi.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...