A policía detivo a un individuo por tráfico de drogas

09 Agosto 2019

20190809. Axentes da Policía Nacional de Ribeira detiveron a un individuo de 35 anos, natural da localidade, como presunto autor dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas.

Durante os seus labores de patrulla pola vía pública en prevención da comisión de delitos, os axentes detectaron a dous individuos que denotaban certo nerviosismo, recoñecendo a un deles por ser coñecedores dos seus antecedentes por delitos contra a saúde pública. Así, procederon a controlalos visualmente de forma discreta. Seguidamente, os axentes observaron como un dos individuos realizou un pase de droga ao outro a cambio dunha cantidade de cartos. Unha vez detectados, o vendedor deuse á fuga, polo que non puido ser interceptado nese preciso momento. Cando os axentes cachearon ao comprador, interviñeron unha dose de cocaína, recoñecendo que lla vendera o individuo que se deu á fuga.

A continuación, os axentes iniciaron a busca do individuo fugado, sendo posteriormente localizado e, ao proceder co cacheo, interviñeron 15 bolsas pequenas termo selladas, 14 das cales resultaron ser de cocaína e unha de heroína, dispostas para a súa venta. Así mesmo,  atoparon certa cantidade de cartos en billetes de diverso valor e un teléfono móbil. Finalmente, os axentes procederon á súa detención como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.

Ao detido cónstanlle antecedentes policiais por feitos similares e xa pasou a disposición xudicial.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...