A Biblioteca de Ribeira recibiu 63 incorporacións de novos socios no que vai de verán

07 Agosto 2019

20190807 A dinamización cultural que está a propoñer a Biblioteca Municipal de Ribeira é un capítulo aberto: a intención é mostrar á cidadanía os seus importantes fondos, dar a coñecer polo miúdo as novidades e realizar cada pouco actividades que conmemoren un dos vicios máis saudábeis que existe, o da lectura. Esta semana a Biblioteca deu a coñecer que segue na senda do crecemento: no que vai de tempada estival, xa foi quen de rexistrar a incorporación de 63 novos socios.

“Como cada verán, seguimos recibindo usuarios de todas as idades, de entre os visitantes que pasan as vacacións no noso concello, algúns novos e outros xa habituais dende hai anos, que se achegan á biblioteca na busca de ocio e cultura”, sinalan os responsábeis do centro de lectura dende o Facebook de seu.

Ao devandito dato cómpre engadir un comezo de agosto ateigado de benvidas bibliográficas: novidades en álbum ilustrado, música, novela, poesía, teatro infantil e xuvenil e mesmo libros de cociña para os máis pequenos da casa, futuros mestres dos fogóns. Amais dun importante feixe de contribucións literarias para a rapazada, nas incorporacións figuran reedicións de clásicos da nosa literatura como Adiós, María (1971) de Xohana Torres, ou novidades tan destacadas de Xerais e Galaxia como Infamia de Ledicia Costas, Besta do seu sangue, de Enma Pedreira ou Natura de Iolanda Zúñiga, todas elas novelas escritas por mulleres e todas compartindo éxito de vendas, público e crítica.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.