Rianxo volve aos tempos nos que reinaba musicalmente a zanfona

04 Xullo 2019
Brian McCoy nunha das anteriores edicións de ZdZ

20190704 Rianxo viaxa esta finde ao pasado. Mellor dito: viaxa a como debía soar a música hai unha manchea de séculos, na Idade Media. A clave desta viaxe (a panca da máquina do tempo) é a zanfona, que é histórico instrumento medieval arredor do que xira a edición número 15 do Encontro Internacional Zona de Zanfona, festival temático único na Península.

Unha vez máis, organiza aCentral Folque en colaboración co Concello. As actividades intensificaranse a partir deste venres. 5 de xullo, aínda que o ambiente zanfoneiro xa se fai por sentir: unha sensación de que a Idade Media aínda segue presente en determinados recantos da vila, só fai falta reavivala. Isto foi aplicábel ao mercadiño rianxeiro do mércores, que acolleu a presentación/apertura do encontro.

Entre outras cousas, haberá presentacións de discos, por exemplo 13 Cancións bonitas de Germán Díaz e Benxamín Otero, este venres ás 22.30 na praza Rafael Dieste; ou Baile en Massó, a cargo de Obal, o sábado pola noite. O programa tamén inclúe o entremés O conto da zanfona con María e Manuela (adaptando a historia da cega Rosa María do Val). Os concertos celebraranse na praza Rafael Dieste con entrada libre e partir das 22.30 h.

Este ano as entidades organizadoras volveron poñer o foco en ofrecer “un programa diverso” e para todos os públicos sobre “este fabuloso instrumento” en palabras de aCentral Folque, unha entidade longamente experimentada na promoción da zanfona (máis de vinte anos de andaina divulgadora). “O ZdZ ofrece na vila mariñeira e literaria de Rianxo unha desculpa para vir e desfrutar de concertos, cursos e convivio arredor da zanfona”, engade a organización.

A xeito de “petisco e apertura do festival”, recuncou a animación do mercadiño semanal de Rianxo dos mércores co concerto ambulante e presentación aos medios a cargo de Alba María e Ariel Ninas.

Os cursos desta edición para zanfona están impartidos por Óscar Fernández na iniciación e Paulo P., no nivel avanzado. Hai tamén un curso de danzas galegas e europeas, como preludio para o baile do sábado, a cargo de Mercedes Prieto.

O ZdZ continua tamén coa divulgación de repertorio musical ligado ao devandito instrumento coa segunda entrega do Cancioneiro #ZdZ, publicación de acceso gratuíto e descarga libre que “pretende ser unha escolma de cancións coas contribucións dos docentes de escolas de zanfona de Galicia”.

Programa Zona da Zanfona

Mércores 3 xullo

Concerto Ambulante Mercadiño Praza Castelao. 12 h

Ariel Ninas & Alba María. Animación de rúa durante a celebración do mercado semanal de Rianxo o mércores na praza Castelao, presentación do ZdZ con concerto entre os postos do mercadiño.

Venres 5 xullo.

Concerto ZdZ Praza Rafael Dieste. 22.30 h

Germán Díaz e Benxamín Otero: 13 cancións bonitas + María e Manuela: O conto da zanfona

Curso Zanfona (iniciación) Auditorio de Rianxo. 16 – 20 h. con Óscar Fernández.

Sábado 6 xullo

Baile Assalto ZdZ. Praza Rafael Dieste. 22.30

Obal: Baile en Massó. Música ao vivo para baile popular.

Cursos ZdZ. Auditorio de Rianxo.

Curso zanfona (avanzado) con Paulo P (10 h-19 h). Curso baile con Mercedes Prieto (16.30-20.30)

Domingo 7 xullo

Palco ZdZ: Xuntanza de zanfonas. Praza Rafael Dieste. 12 h.

14.30 h Xantar ZdZ + 17 h Foliada ZdZ.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.