Ovidio Rodeiro visita o obradoiro de emprego de Rianxo

24 Xullo 2019

20190724. Un total de 16 alumnas e alumnos formáronse nos últimos nove meses no ámbito de Pavimento e Albanelería de Urbanización, grazas a un obradoiro de emprego que contou cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 253.000 euros. Os alumnos comezaron a formación teórica e práctica o pasado mes de outubro e concluirá nuns días.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou este taller de emprego ‘Arcos Moldes II’  financiado pola Xunta coa colaboración do Concello de Rianxo e puxo en valor que a maioría dos obradoiros recollen na súa parte práctica actuacións en zonas públicas que melloran o estado do municipio, algo que beneficia aos alumnos e ao concello.

O representante do goberno autonómico comprobou o resultado dos traballos prácticos dos alumnos que consistiron na reparación e mellora dos pavimentos do Paseo Marítimo, das beirarrúas da estrada AC-305 entre Campo de Pasos e Ourolo e da Urbanización da Martela.

Ovidio Rodeiro destacou na súa visita que “estes talleres permiten aos participantes obter unha cualificación profesional que favorece a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permite iniciar os seus propios proxectos.” Ademais, o delegado territorial felicitou a todos “porque a partir de agora estades mellor preparados que fai 9 meses para atopar un emprego, xa que a vosa formación adaptouse ás necesidades das empresas desta comarca.”

Os municipios da zona do Barbanza contaron en 2018 cun total de 6 obradoiros de emprego, 4 deles de carácter dual, onde participaron alumnos e alumnas de calquera idade e 2 de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu en políticas activas de emprego 1.431.491 millóns de euros.

Os talleres ordinarios contan con formación e un acceso a un contrato de traballo durante nove meses e os duais, a maiores, ofrecen 3 meses máis de traballo nunha empresa da zona na especialidade na que se forma o alumnado.

Os obradoiros duais tiveron lugar en Muros, compartido con Carnota, Ribeira, compartido con Porto do Son, Outes, compartido con Noia e Lousame e Rianxo. Pola súa banda, os obradoiros do Sistema de Garantía Xuvenil, realizáronse en Boiro e Rianxo.

Estes obradoiros permitiron que un total de 108 persoas desempregadas se formasen nun oficio mentres realizaron tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes reciben un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais foi de 9 meses e os de Garantía Xuvenil de 6 meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...