O Festival AntrosPinos fará tremer Taragoña

10 Xullo 2019

20190710 Este mes non fai falta irse lonxe para vivir festivais e facelo á nosa maneira: recollendo o espírito campestre das romarías e, coloquialmente falando, botándonos ao monte. Unha cita para subliñar no calendario é a nova edición, a doceava, do Festival AntrosPinos de Taragoña, en Rianxo. Será os días 26 e 27 de xullo.

Actuarán grupos de recoñecido espírito festeiro e de probada valía ante os embates da troula prolongada: Terbutalina, NAO, Funky Style Brass, Machete En Boca, Balkan Bomba, Orquesta Neverloura, The Lelli Kelly’s, Pachanguito e La SinCereza.

A cita vén da man da Antros Pinos Fap Asociación de Taragoña e as súas orixes remóntanse a 2008. É un festival de entrada libre, ideal para quen queira desfrutar durante dúas xornadas enteiras de música, romaxe e outras actividades festeiro-culturais e de confraternidade. A edición deste ano estrea escenario de actuacións: o recinto de Campo Maneiro. O festival conta coa axuda e patrocinio de Metales Taragoña, Tarrío Suárez, Autocares Muíños, @Fesba e Noratattocompostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.