Educación convoca os premios ao esforzo e superación persoal para o alumnado de ESO

11 Xullo 2019

20190711. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca os premios de Educación Secundaria Obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/2019, cos que se recoñece o traballo daquel alumnado que cursou 4° de ESO durante o curso académico que acaba de rematar e conseguiron “superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado.”

A Consellería destina un total de 15.000 euros para estes premios a razón de 750 euros por cada un dos 20 galardóns que se conceden; e os interesados dispoñen dun mes de prazo para tramitar as solicitudes.

O obxectivo final destes recoñecementos é que os premiados sexan “un exemplo para compañeiros e compañeiros en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola para os estudantes que proceden de contornos socioculturais desfavorecidos, de contornos familiares disfuncionais, en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal ou a súa inserción social.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.