Aprobada a dedicación exclusiva do alcalde pobrense

16 Xullo 2019

20190716. A corporación municipal da Pobra do Caramiñal aprobou a dedicación exclusiva do alcalde, Xosé Lois Piñeiro, cunha retribución de 43.000 euros brutos anuais. A proposta foi aprobada cos votos a favor de Nós Pobra, do PSdeG-PSOE e coa abstención do PP e unha do BNG, pois a outra edil da formación non puido acudir.

O pleno extraordinario e urxente arrancou coa renuncia de José Carlos Vidal, edil de Nós Pobra. Ademais, foron retirados da orde do día os tres puntos correspondentes coa segunda dedicación exclusiva, o cargo de libre designación e as retribucións a percibir por parte dos grupos por asistencia a plenos e comisións.

Finalmente, o pleno aprobou a substitución da rede de iluminación para instalar luces led, por un importe de preto dun millón de euros. Esta actuación poderá realizarse gracias a unha subvención de 753.000 euros do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, e aportando o Concello 188.300 euros. A firma Imesapi é a adxudicataria deste proxecto que suporá un aforro de ao redor de 200.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.