A Pobra seguirá coas viaxes en veleiro durante o mes de agosto

30 Xullo 2019

20190730. As viaxes en veleiro pola ría de Arousa desde A Pobra do Caramiñal continuarán os sábados e domingos de agosto ata o día 25. Así, todo aquel que se anime poderá desfrutar da paisaxe marítima a bordo do Mascato, unha embarcación de 12 metros de eslora.

A duración desta actividade é dunha hora e cuarto. As viaxes están programadas para os tramos horarios das 11.00, 13.00, 16.30, 18.00 e 19.30 horas. O prezo para os adultos é de 12 euros, mentres que para os nenos e nenas de ata 12 anos terá un custe de 8 euros.

Ademais, é preciso reservar con antelación na Oficina de Turismo situada no parque do Castelo ou a través de calquera medio do Departamento de Turismo da Pobra do Caramiñal, ben sexa mediante os teléfonos 687482835/671090262 ou do enderezo electrónico turismo@apobra.gal.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.