O PSdeG-PSOE apoiará ao candidato de Nós Pobra e formarán un bipartito

14 Xuño 2019

Xosé Lois Piñeiro, alcalde en funcións da Pobra do Caramiñal e candidato de Nós Pobra á alcaldía, manifestou que a formación chegou a un “acordo previo que se foi formalizando en varias reunións” cos socialistas, polo que contarán co seu apoio no pleno de investidura. A idea é traballar de maneira conxunta pois “non é reparto de poder”. Deste xeito, formarán un goberno de coalición entre ambas forzas e acordarán aqueles programas máis importantes para o municipio.

Pola súa parte, Patricia Lojo, cabeza de lista do PSdeG-PSOE, explicou que a decisión de apoiar ao candidato de Nós Pobra veu dada porque “a lectura que fixemos foi que debe gobernar a esquerda.” Así, pretenden acadar un goberno “máis estable” cun equipo de traballo “moi positivo para o goberno que é o máis importante.”

Respecto do BNG, Patricia Lojo aclarou que o partido non falou cos nacionalistas porque deixaron moi clara a súa postura desde o principio, ademais de que “seguimos as declaracións de que non ían apoiar a candidatura.” Mentres tanto, Xosé Lois Piñeiro sinalou que lle tenderá a man á agrupación de Ramiro Ouviña, “se non é con pacto de goberno, con pactos puntuais.”

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.