Até 16 entidades do Barbanza reciben as axudas culturais da Deputación

25 Xuño 2019

20190625 A Deputación da Coruña vén de dar a coñecer as entidades culturais, deportivas, xuvenís e veciñais a quen irán destinadas as súas axudas da Área de Cultura: unha contía total de preto de 300.000 euros para dotar as entidades de materiais (instrumentos musicais, equipamentos informáticos, dotación de buques tradicionais, aparellos de son, material de escenografía, etc) para as súas actividades. A contía achegada pola entidade provincial (278.521,16 euros) repártense entre máis de 130 entidades sen ánimo de lucro dos concellos da provincia.

Esta liña de axudas, sumada a de apoio de actividades, ten como obxectivo contribuír a “afortalar o tecido cultural que é tanta relevancia ten para a creación, promoción e difusión cultural participativa, segundo sinalou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei. As axudas e a súa distribución final foron publicadas no BOP.

Entre as asociacións beneficiadas hai un bo número delas que pertencen aos concellos de Barbanza: até 16.

Estas son as entidades de Boiro: a Asociación Cultural Barbantia (1.669,49 euros), a Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras Gamelas (3.000 euros) e a Asociación de Nais e Pais Santa Lucía do IES Praia Barraña (1.000 euros).

De Pobra recibiron axudas os seguintes colectivos: a APA Bandaseca (4.000 euros) e a APA Cadreche CEIP Pilar Maestu Sierra (4.750 euros).

De Rianxo foron obxecto de diversas contías a Asociación Cultural Rock In Rian (3.127.50 euros), a Asociación de Teatro Airiños (1.309,49 euros) e Asociación de Veciños de Araño (1.000 euros).

Polo que respecta a Ribeira, trátase das seguintes entidades: APA Colexio de Olveira-Ribeira (1.000 euros), APA Santa Uxía CEIP O Grupo (1.750 euros), a Asociación Cultural Aulas Ledicia (1.000 euros), a Asociación Musical de Aguiño Albeniz (1.000 euros), a Asociación Veciñal e Cultural e Prestadora de Servizos á Mocidade de Carreira (1.000 euros), o Centro Recreativo de Artes (7.909,49 euros), o Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira (1.000 euros) e a Sociedade Hijos de Palmeira (5.059,49 euros).

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...