Julián Bustelo Abuín – Rianxo en Común

22 Maio 2019

Rianxo en Común (ReC), con Julián Bustelo á fronte, colle forza nestes comicios como grupo político municipal con entidade propia e con proxecto estratéxico definido. A anterior lexislatura serviulle ao grupo de campo de experiencia con propostas transformadoras para impulsar o comercio local ou para regular a participación cidadá na vida pública do concello.

Julián Bustelo é arqueólogo e investigador da Universidade de Santiago. Na presentación do grupo os seus membros recalcaron o seu obxectivo de traballar polo “ben común” e mellorar a calidade de vida das rianxeiras e os rianxeiros.

O equipo de Rianxo en Común está liderado por Julián Bustelo Abuín, Julio Alcalde Hermo, Ana Vidal Fungueiriño, José Alberto Angueira Gómez, Ana Rosa Figueira Vicente, Carlos González Sobradelo, Olalla Figueira Castaño, Carlos Angueira Gómez, Estefanía Pérez Yáñez e Tantino Rodríguez Gómez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.