O próximo sábado 15 a UNESCO celebra o Día Internacional da
Lingua Materna. Con este motivo o Concello de Riveira vai organizar a través do seu Servizo Municipal de Normalización Lingüística unha actividade especial consistente nunha función contacontos para bebés a cargo de Raquel Queizás.
A acción, que levará por título “Toin Toin”, terá lugar o sábado 15 de
febreiro ás 12 horas no Centro Cultural Lustres Rivas. “Toin Toin” é
un espectáculo de contos con monicreques de mesa, acompañado
de instrumentos musicais sinxelos, para gozo dos máis pequenos
da casa.
Para asistir co seu bebé é preciso inscribirse chamando ao teléfono
981835650 de 9.00 a 14.00 h, ou enviando un correo electrónico a
normalizacion@riveira.com . A actividade está dirixida para bebés de
0 a 3 anos e as súas familias, por suposto os irmanciños maiores
poderán asistir e de seguro quedarán tamén encantados da
experiencia.
O proxecto RUYOU liderado por Amicos celebra en Bruxelas o seu punto final (no Cumio da Xuventude Rural Europea)
O programa Rural Youth of Europe (RUYOU) celebrou esta semana o seu Cumio da Xuventude Rural Europea en Bruselas, evento que marca o punto final do proxecto. O acto, que se desenvolve este martes e mércores, 16 e 17 de abril, leva como título Europa: cara o Rural 2030...