A música de Frank Sinatra soará no Auditorio de Ribeira no 24 de abril co concerto “As time goes by”

26 Marzo 2026

O concerto As time goes by fará desfrutar ao público de Ribeira da música de Frank Sinatra no 24 de abril, ás 20.00 horas, no novo Auditorio Municipal. Temas míticos como New York, New York ou Blue moon soarán da voz de Borja Quiza con Fernando Briones ao piano, Juan Cañada no contrabaixo e Miguel González co saxofón. A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, manifestou que chega “ao buque insignia da cultura un evento que pretende divulgar o patrimonio cultural e musical da canción americana do século XX e a súa transcendencia na cultura popular”.

Neste senso tamén se pronunciou o barítono lírico, Borja Quiza, para quen é a primeira vez que actúa en Ribeira. “Esta é unha homenaxe a Sinatra e outros artistas de música melódica do século XX”, como ben apuntou o artista galego. A venda das entradas comeza no venres, 27 de marzo, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente na páxina web ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 25 euros, máis gastos de xestión.

Outros artigos

Martes 14, tempo variable ao longo do día

Galicia manterase nesta xornada nunha situación de equilibrio entre altas e baixas presións, o que deixará un tempo variable ao longo do día. Durante a mañá predominarán os ceos moi nubrados, con presenza de chuvias febles en distintos puntos da comunidade. Co avance...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

En español usamos dos verbos (ser y estar) para expresar lo que otraslenguas, como el inglés, concentran en uno solo (to be). No es una diferenciamenor ya que nos permite distinguir entre lo permanente y lo circunstancial,entre lo que somos y lo que simplemente nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.