O vehículo VIDOC da Policía Nacional visita Outes o vindeiro 10 de febreiro

09 Xaneiro 2026

O vehículo VIDOC da Policía Nacional estará o vindeiro 10 de febreiro no concello de Outes, en horario de 9.00 a 12.30 horas, co obxectivo de facilitar a renovación do DNI/pasaporte e evitar que a veciñanza teña que trasladarse ás oficinas da Policía Nacional máis próximas ao concello. O vehículo VIDOC fará 8 visitas a Outes ao longo do ano 2026. A primeira destas datas será o vindeiro 10 de febreiro.

Os Vehículos Integrais de Documentación da Policía Nacional (VIDOC) están a percorrer 27 concellos coruñeses que carecen de comisaría, ademais do Centro Penitenciario de Teixeiro, para prestar servizos de documentación exclusivos delas, como a renovación e expedición dos DNI e dos pasaportes.
Grazas a estas unidades móbiles as persoas que pidan cita neste servizo poderán ter listo calquera dos dous documentos en apenas dez minutos, mellorando tamén os tempos de resposta das anteriores unidades, que precisaban de tres días para a xestión: un día para a pegada dactilar, outro para a impresión nunha comisaría e un terceiro para a entrega.

Estes novos vehículos, que forman parte do Plan de Identidade Dixital da Dirección Xeral da Policía Nacional financiado con cargo aos fondos do Plan de Recuperación, teñen capacidade para actualizar os certificados dixitais do DNI, xa que contan cun Punto de Actualización de Documentación (PAD).

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.