Muros súmase ao proxecto Cardi@ngel para salvar vidas a través da reanimación cardiopulmonar

24 Novembro 2025

O Concello de Muros vén de adherirse ao proxecto Cardi@ngel, unha iniciativa pioneira en Galicia que busca crear unha rede de voluntarios formados en reanimación cardiopulmonar (RCP), localizables a través dunha aplicación móbil en situacións de emerxencia.

A través da app gratuíta dispoñible en www.cardioangel.es, calquera persoa pode rexistrarse como usuario Cardi@ (quen solicita axuda) ou @ngel (quen está capacitado para intervir). En caso de urxencia, a aplicación permite lanzar unha alerta que chega aos voluntarios máis próximos, grazas á xeolocalización.

Para dar a coñecer esta ferramenta e formar novos voluntarios, este sábado 29 de novembro celebrarase unha sesión aberta á veciñanza na Escola de San Xosé, de 11:00 a 13:00 horas. A actividade incluirá formación práctica en RCP e información sobre o funcionamento da app.

“Daremos formación á veciñanza e ao tecido asociativo local, porque os primeiros minutos despois dun infarto son decisivos para salvar vidas”, sinalou Sandra Maneiro, concelleira de Seguridade Cidadá. Pola súa banda, a alcaldesa María Lago expresou a súa satisfacción por que Muros forme parte “dun proxecto que combina prevención, formación e solidariedade”, confiando en que Cardi@ngel sexa un éxito no municipio.

O proxecto, que leva por lema “As túas mans poden salvar unha vida”, foi recoñecido recentemente nos premios nacionais ‘DKV Impacta’ pola súa innovación social en saúde.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.