Galicia contará con 12 festivos autonómicos e 2 locais en 2026, incluíndo San Xosé, San Xoán e o Día de Galicia

28 Outubro 2025

O calendario laboral de 2026 recolle un total de 9 festivos que se celebrarán de forma conxunta en toda España, o mesmo número que este ano, segundo unha resolución da Dirección Xeral de Traballo publicada este martes no Boletín Oficial do Estado.

En concreto, en 2026 serán festa en toda España o xoves 1 de xaneiro (Aninovo), o martes 6 de xaneiro (Epifanía do Señor), o venres 3 de abril (Venres Santo), o venres 1 de Maio (Festa do Traballo), o sábado 15 de agosto (Asunción da Virxe), o luns 12 de outubro (Festa Nacional de España), o domingo 1 de novembro (Festa de Todos os Santos), o martes 8 de decembro (Día da Inmaculada Concepción) e o venres 25 de decembro (Natividade do Señor).

Un ano con varias fins de semana longas

En concreto, os traballadores poderán gozar de polo menos catro fins de semana longas en todas as comunidades: o venres 3 de abril (Venres Santo); o venres 1 de maio (Festa do Traballo); o luns 12 de outubro (Festa Nacional de España) e o venres 25 de decembro (Natividade do Señor).

A Xunta publica o calendario laboral para 2026 e fixa como festivos propios o 19 de marzo, o 24 de xuño e o 25 de xullo

A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello. Dos outros 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e non substituíbles a non ser que coincidan en domingo: 1 de xaneiro, Venres Santo (3 de abril en 2026), 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro, 6 de decembro, 8 de decembro e 25 de decembro.

No ano 2026 hai dous festivos nacionais de carácter obrigatorio que coinciden en domingo: o 1 de novembro (Festa de Todos os Santos) e o 6 de decembro (Día da Constitución) que Galicia propón substituír polo 19 de marzo (San Xosé) e o 24 de xuño (San Xoán), tendo en conta que o 17 de maio (Día das Letras Galegas) cae en domingo en 2026.

Os outros tres festivos de carácter nacional son opcionais, é dicir, poden ser substituídos polas comunidades autónomas: o 6 de xaneiro, que en Galicia nunca se cambia, agás que coincida en domingo; o Xoves Santo (que en 2026 celebrarase o 2 de abril), que na Comunidade galega non se modifica de maneira tradicional; e dáselle a opción ás comunidades de escoller como opcional entre o 19 de marzo e o 25 de xullo.

A Xunta sempre elixe o 25 de xullo, xa que é o Día Nacional de Galicia, tal e como quedou establecido polo Decreto 8/1978, do 10 de xullo . Por tanto, as festas do calendario laboral para Galicia no 2026 que se determinan son: Aninovo (1 de xaneiro), Epifanía do Señor (Día de Reis – 6 de xaneiro), Día de San Xosé (19 de marzo), Xoves Santo (2 de abril), Venres Santo (3 de abril), Festa do Traballo (1 de maio), Día de San Xoan (24 de xuño), Día Nacional de Galicia (25 de xullo), Asunción da Virxe (15 de agosto), Festa Nacional de España (12 de outubro), Inmaculada Concepción (8 de decembro) e Natividade do Señor (25 de decembro). Ademais destes días, cada concello determina dúas xornadas festivas como propias da súa localidade.

Outros artigos

“La famacia nexo entre médido y paciente”. Javier García Sánchez

Los usuarios de nuestra sanidad pública, sobre todolos que tenemos más edad, somos beneficiarios de loque se conoce como medicamentos sin demora. Unainiciativa que persigue disminuir el número deconsultas y citas en los centros de atención primaria,que se reduzcan los...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

Eu non son experto en política internacional nin en estratexias militases. Son un cidadán do día a día, dos que prenden a televisión, len as noticias e tratan de entender o que está a pasar co mundo no que vivimos. E o que vexo ultimamente con Donald Trump á fronte de...

“1.635” – Xulio Xiz

“1.635” – Xulio Xiz

A U.E. veu racionalizar determinadas festas neste país trasladándoas ao domingo inmediato, para harmonizar o calendario de traballo nos diversos países, aínda que en ocasións como o Nadal sigan existindo festivos e vésperas alternándose con tal ritmo que é difícil...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.