Este luns 15, nova concentración da ANPA do CEIP O Grupo (Ribeira) para reclamar substituto/a para a titoría de 3ºB

15 Setembro 2025

A ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira comeza a semana con mobilizacións, seguindo a liña da concentración do pasado 8 de setembro, organizadas en colaboración co claustro e o equipo directivo do CEIP, para reclamar o nomeamento urxente dun/a substituto/a para a titoría de de 3ºB de E.P.

A ANPA decidiu concentrarse todos os luns ás 11:30 h ata que este mestre/a sexa nomeado. Seguindo este fío, este luns luns 15 de setembro celebrarase nas portas do centro unha nova cacerolada, entre as 11.30 e as 12.00 horas. Reclamarán como dixemos a incorporación de profesorado titor de 3ºB pero tamén de profesorado NEAE, de persoal de desdobres, apoio e coidados.

Nas protestas porase o foco na división do equipo directivo, nas obras sen rematar, na falta de espazos axeitados para o labor docente e nas dificultades para a atender o alumnado.

Tamén foron convocadas todas as familias do alumnado do CEIP, sexan ou non socias da ANPA, o profesorado e o equipo directivo, para unha asemblea aberta que está programada para este luns 15 de setembro ás 18:00 h nas aulas da antiga comisaría de policía, no recinto educativo do colexio, para tratar este mesmo tema (o da inclusión das instalacións policiais nas infraestruturas do CEIP) e decidir novas accións de protesta a realizar “dada”, sinalan dende a ANPA, “a resposta insultante e indignante da Consellería de Educación, a través da inspectora, o pasado mércores 10 de setembro, onde ademais de non aceptar a dimisión do equipo directivo lles obriga a resolver eles o problema da falta de titora de 3ºB co profesorado existente no colexio, que para eles é máis que suficiente, sobran mestres/as segundo as súas palabras”.

Piden ao conselleiro de Educación que “solucione dunha vez este gravísimo problema, que non pasa por outra única solución que a de nomear a un substituto como titor/a para o a mestra que se atopa en comisión de servizos autorizada dende xuño, e que que é obrigatorio por lei”.

E conclúen: “Levamos dende o primeiro día de curso en loita, reivindicando os dereitos do noso alumnado empezando pola substitución da titor/a do 3ºB de Primaria, un curso de 23 alumnos/as de 7-8 anos, algúns deles con grandes necesidades especiais; ademais deste gravísimo e inconcebíbel problema, tamén reivindicamos máis persoal de NEAE, apoio, desdobres e coidadores así como que poñan dunha vez en funcionamento o ascensor do edificio de Infantil que leva máis dun ano en construción; a reforma do edificio da vella comisaría, da cuberta do edificio de Infantil, do pavillón do colexio, do patio escolar e o pintado exterior do edificio principal; pero sen dúbida, que o urxente e inmediato e polo que non imos parar ata que se logre, é o nomeamento do titor/a para o curso de 3 ºB de E.Primaria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.