Portos de Galicia inicia a concesión para 174 amarres e 470 m² en Rianxo

20 Abril 2025

O investimento previsto polo club náutico é de 1,7 millóns de euros e proxéctase a súa execución en dúas fases coordinadas co plan de reordenación da dársena, que inclúe a remodelación das instalacións pesqueiras e mexilloeiras

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, iniciou o trámite de concesión a favor do Club Náutico de Rianxo para a construción e explotación dunhas instalacións náutico deportivas no porto. Esta concesión prevé actuacións por importe de 1,7 millóns de euros.

A concesión contemplará a execución de obras de mellora e ampliación das instalacións  coas que se acadarán 174 prazas de amarre e se instalarán 4 módulos de edificación prefabricados cunha ocupación total de 470 metros. Esta edificación a base de módulos permitirá albergar unha cafetería e local social, oficinas, vestiario e o pañol para vela lixeira. O prazo de execución previsto para as obras é de 11 meses e o prazo estimado para a concesión ascenderá a 40 anos.

A remodelación de prazas de pantalán proxéctase por fases. Nunha primeira substituiranse as actuais dúas liñas de pantaláns fondeados con mortos por outras novas que serán pilotadas ao fondo. Esta actuación pretende mellorar a seguridade da instalación e a calidade dos atraques, así como reducir a ocupación total do contorno da instalación aboiante, de xeito que se libere espazo na dársena para pode ampliar os pantaláns para embarcacións mexilloeiras.

Non en van toda a proposta coordínase co anteproxecto de Portos de Galicia para a mellora da operatividade do porto de Rianxo, que contempla a remodelación das instalacións pesqueiras e mexilloeiras. Así, a ampliación de pantaláns deportivos prevista na concesión en trámite, que sumará 40 novas prazas, proxéctase nunha segunda fase

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...