Cambio horario do sábado o domingo

28 Marzo 2025

Na madrugada do sábado 29 de marzo ao domingo 30 de marzo, os reloxos adiantarán unha hora. Así, ás 2:00h da madrugada pasarán a ser as 3:00h e comezará o denominado como horario de verán.

Este domingo, ás 2:00 h da madrugada (1:00 h en Canarias), os reloxos adiantaranse unha hora, marcando así o inicio do horario de verán. Esta modificación reducirá o tempo de descanso nocturno e, segundo expertos, pode alterar o ritmo circadiano das persoas.

Un estudo recente a nivel mundial, no que participou o profesor Darío Acuña da Universidade de Granada (UGR), advertiu sobre os efectos negativos deste cambio na saúde. Os investigadores avogan por manter o horario de inverno, xa que consideran que este permite unha mellor adaptación ás variacións de luz ao longo do ano.

Na vida cotiá, o axuste será perceptible de inmediato, xa que amencerá e anoitecerá máis tarde. Coa chegada da primavera, os días seguirán alongándose, pasando das actuais 12 horas e media de luz a máis de 15 horas nos meses seguintes.

Outros artigos

O Concello de Ribeira amosa a súa solidariedade con Adamuz

Sumándose á convocatoria realizada pola FEGAMP, membros da Corporación municipal e traballadores do Concello de Ribeira gardaron un minuto de silencio ás 12.00 horas deste luns 19 de xaneiro como mostra de recordo e agarimo polas vítimas mortais, os feridos e as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.