Os Jalochos levan a Porto do Son o seu espectáculo “A Landra viaxeira e o amigo Lambón” (este domingo na Casa da Cultura)

05 Decembro 2024

Os Jalochos (dúo formado polos ribeiráns Suso Bello e Sabela Olivares) estarán este domingo 8 de decembro en Porto do Son, na Casa da Cultura a partir das 18.00 horas, para representar o espectáculo infantil e musical A Landra Viaxeira e o Amigo Lambón (Unha viaxe musical pola natureza de Galicia na procura da festa). O espectáculo encádrase na programación de Nadal organizada pola Área de Cultura do Concello de Porto Son.

A función cóntanos a historia de Landra e Lambón, dúas criaturas que son un conto de fadas e que relatan unha fabulosa historia chea de música, cor, aventuras, novas amizades e singulares expresións que pola costa galega adoitan falar.

Para levar a cabo o espectáculo Sabela e Suso desenvolven un concerto participativo mediante xogos baseados en conceptos musicais (tempo, ritmo, dinámica), así como a percusión corporal, o baile e a lingua de signos.

A Compañía

Os Jalochos son Sabela e Suso. No ano 2021 fundan a compañía, coa que xiran co espectáculo infantil Ritmando e actualmente co espectáculo A Landra viaxeira e o amigo Lambón.

Sabela Olivares é unha artista musical de Ribeira cunha ampla traxectoria e formación. Posúe o Grao de Educación Primaria, o Mestrado de Profesorado, o Título Superior de Música na especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular, o Título Profesional de Música na especialidade de Gaita e o Título de Profesora na especialidade de Piano. Na actualidade, exerce como docente de educación musical na Universidade de La Rioja (UNIR).

Suso Bello, tamén de Ribeira, é músico, produtor musical e compositor. Cunha longa traxectoria no mundo da música participou en diferentes proxectos musicais e de televisión, sendo a súa faceta máis coñecida polo público a de músico integrante de A Companhia do Ruído.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...