Morre o xornalista Celestino Viéitez Arizaga, vinculado á comarca

20 Decembro 2024

O xornalista e escritor Celestino Viéitez Arizaga, coñecido como Tino Viéitez, faleceu aos 68 anos en Cambados, municipio ao que se trasladou hai uns anos.

Tino Viéitez foi un xornalista todoterreo e durante a súa traxectoria profesional estivo vinculado a dDario de Pontevedra nos anos 80 d medio do que foi correspondente en Marín. Especialista en información de sucesos cubriu dous dos crimes que naquela época conmocionaron Marín e Bueu, pero tamén a Pontevedra e ao resto de Galicia.

En 1982 seguiu as investigacións da desaparición e asasinato da moza Rosa María Juncal, de 19 anos, que foi achada morta nunha leira de San Tomé de Piñeiro e polo que foi detido e condenado o seu noivo Manuel Crespo.

No ano 89 editou e dirixiu o xornal local, ‘O Sol de Sanxenxo’.

Persoa inquieta, Tino Viéitez, nunca deixou do todo a súa faceta xornalística, e colaborou con distintos medios.
Como escritor e divulgador é autor de varios libros sobre a guerra da independencia dos franceses e as crónicas de Marín, Poio ou Sanxenxo de principios do século pasado. Ademais, escribiu as 1809 proezas do pobo galego e o ‘Transatlántico Santa Isabel. O Titánic das costas españolas’.

D.E.P.

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.