Xerais 2023: Pontón apela en Ribeira ao dobre valor do voto ao BNG para que Galiza sexa respectada e para conter o involucionismo de PP e VOX

12 Xullo 2023

Ana Pontón, fixo en Ribeira un chamamento a unificar na papeleta do BNG todo o voto “inconformista, rebelde e de País”. A líder nacionalista explicou que o apoio ao Bloque o 23X ten dobre valor. Por un lado, o de facer valer Galiza impedindo que siga a ser discriminada polas forzas estatais. Por outro, o de frear ao PP dun Feijóo que xa camiña da man dos ultras “que até queren arrebatarnos a lingua que falamos”. “Ese Feijóo ao que agora vemos en campaña prometer o contrario do que fixo en Galiza”, apuntou.
O BNG encara o 23X coa determinación de facer posible “o que nos din que é imposible”, como fixo xa nas eleccións municipais ou nas galegas co apoio de miles de cidadáns aos que a portavoz nacional pediu de novo a confianza, para demostrar que “este é o momento de Galiza” e conseguir ser escoitados no Estado.
“Somos a única forza coas mans libres para facer as causas do País, desde un tren do século XXI a unha tarifa eléctrica galega, desde o corredor atlántico a políticas que creen industria, desde investimentos xustos á creación de máis xulgados de violencia de xénero”, asegurou no mitin que compartiu cos candidatos pola Coruña Néstor Rego e Rosana Pérez.
Todas estas son causas, explicou, que se defenden en Madrid, e de aí que sexa tan necesario que Galiza gañe peso político no Estado e teña unha voz “forte e potente” no Congreso a través dun grupo propio con deputados e deputadas do BNG polas catro provincias “dando a cara pola xente deste País”, polos galegas e galegas aos que as forzas estatais lle teñen dado continuamente as costas.

“Non é o momento de votar polo mal menor, ni de votar por medo. Ao contrario. Pídolle a todos os galegos e ás galegas que o día 23 voten con ilusión, con esperanza, que voten por un grupo galego forte para facer respectar Galiza en Madrid sabendo que o BNG non lles vai fallar”, proclamou Pontón nunha chamada a acudir ás urnas “coa cabeza e o corazón” no País.
Tamén, engadiu, porque o Bloque será unha garantía na defensa dos dereitos e liberdades e actuará como puntal na blindaxe dunha sociedade na que as mulleres sexan libres e iguais, dunha sociedade inclusiva e diversa “na que cada quen ame a quen queira amar e sexa quen queira ser”, dixo.
Pactar cun programa na man
Pola súa parte, o cabeza de lista pola Coruña, Néstor Rego, comprometeuse en Ribeira, agora con alcalde nacionalista, a que o BNG volverá ser esixente no Congreso para facer valer Galiza e colocar os temas que importan a este País no centro da axenda estatal: “Pactaremos cun programa de defensa do noso país na man e esixindo o seu cumprimento”, recalcou.
Lembrou, neste sentido, que cando o Bloque foi determinante utilizou a forza do seu voto para mellorar a vida dos galegos e das galegas, conseguindo unha rebaixa histórica das peaxes da AP9, o dragado da Ría da Coruña e máis de 2.000 millóns de euros en investimentos. “Canto máis BNG, mellor lle vai a Galiza”, explicou na súa intervención.

Outros artigos

Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira. Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...