Xerais 2023: O ministro de Sanidade candidato ao Congreso estivo en Boiro

09 Xullo 2023

O cabeza de lista do PSdeG-PSOE ao Congreso pola provincia da Coruña, José Miñones, estivo hoxe en Boiro para reivindicar os investimentos realizados polo Goberno de Pedro Sánchez na vila, así como na comarca do Barbanza, na provincia e en Galicia en xeral. Xunto a el estiveron tamén o alcalde do municipio, José Ramón Romero, e o secretario xeral do PSdeG provincial, Bernardo Fernández.
O tamén ministro de Sanidade defendeu que o de Pedro Sánchez é “o goberno máis galego da historia”. “Temos bos exemplos disto aquí no Barbanza, como por exemplo esa comisaría da Policía Nacional que levaba tantos anos bloqueada, ou esa bonificación da AP-9 que tanto desfrutan os veciños e
veciñas da comarca”, sinalou.
O candidato socialista reivindicou tamén os investimentos feitos “aquí en Boiro, en turismo, en eficiencia enerxética, en instalacións deportivas, que van seguir no futuro”. E engadiu que “este goberno volve apostar por Boiro cun investimento de máis de 1.600.000 euros para a renovación da Casa da Cultura
da man do Concello”.
“Se non fose por este goberno socialista, Boiro non tería 5 millóns, a comarca non tería 21 millóns e medio, a provincia non tería 3600 millóns, e Galicia non tería 35.000 millóns de euros en investimentos”, enumerou Miñones.
O socialista quixo falar tamén da subida das pensións posta en práctica polo Goberno central. “Un de cada catro galegos é pensionista, e a subida que fixemos de 1.100 euros de media das pensións recoñece o seu traballo, pero é unha subida que esta en risco”, advertiu.
“Feijóo e Abascal non apoian esta subida e tampouco a apoian cara o futuro”, criticou Miñones. O ministro afirmou que “isto o 23 de xulllo está en perigo, e o único partido que garante seguir avanzando nesta liña é o socialista”.

Outros artigos

Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira. Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...