Xerais 2023: O BNG abreu a campaña ás xerais nos concellos da comarca

07 Xullo 2023

O responsábel comarcal do BNG, Luís Pérez Barral, abriu a campaña electoral proclamando que o Bloque sae a por todas para conseguir un grupo forte no Congreso co obxectivo de facer valer Galiza en Madrid. “Que ninguén o dubide, imos a por todas para darlle a Galiza  un grupo orgullosamente galego a favor do País”, asegurou.

No BNG aseguran que “é o momento de Galiza, de facer valer o noso ante o Goberno do Estado, con orgullo e con determinación” pois “Galiza xógase estar defendida no Congreso, ter a capacidade de conseguir investimentos, transferencias, melloras para o nos país”, advirten.

Aseguran que só o BNG ten as mans libres para defender os intereses da xente deste País ante un goberno do Estado. “Non queremos privilexios senón un trato xusto e digno para os galegos e galegas.

Barral lembrou que o Bloque xa ten demostrado estes anos, con Néstor Rego no Congreso, como un só deputado “fixo máis por mellorar a vida da poboación galega que os 22 restantes, esa procesión de caladiños que pulsa o botón do que lle digan nas súas sedes madrileñas”.

Superar as enquisas

O Bloque arranca a campaña co convencemento de que o 23X vai demostrar que a forza nacionalista está nun bo momento. “O 23 de xullo imos volver facelo, imos superar todas as enquisas. “Non nos marcamos límites e imos a dar o mellor de nós para conseguir que Galiza sexa determinante na política estatal”.

O BNG está aquí para ser decisivo, para romper todas as previsións e para facer historia cun grupo galego forte ao servizo deste País e da súa xente”, finalizou.

Outros artigos

Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira. Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...