Xerais 2023: En Ribeira o candidato ao Senado, Manuel Ruiz, e o presidente do PP na provincia participaron nun mitin para deixar atrás “ao peor goberno da democracia”

13 Xullo 2023

O presidente do Partido Popular na provincial da Coruña, Diego Calvo, aproveitou o mitin que a súa formación celebrou esta noite en Ribeira para pedir o voto e conseguir que Alberto Núñez Feijóo poida chegar á Moncloa e, desta maneira, dixo, deixar atrás “ao peor Goberno da Democracia” e, de paso, iniciar unha nova etapa “afastada dos radicalismos e dos separatismos”.
Acompañado docandidato ao Senado, Manuel Ruiz Rivas, Calvo, que insistiu na “importancia” de acudir ás urnas o próximo 23J para “demostrar que queremos botar a Sánchez”, incidiu en que España “merece recobrar a estabilidade, a moderación e o sentido común perdido nos últimos anos”.

Neste sentido, o líder dos populares na provincial asegurou que a súa formación sae a gañar e recalcou a “necesidade” de unir o voto ao redor da papeleta do seu partido o próximo 23 de xullo para evitar “pactos de despachos e bloqueos” que impidan “desaloxar” a Pedro Sánchez da Moncloa.
“Necesitamos un Goberno que se deba só aos españois, sen intermediaries e sen ataduras. Un Goberno forte que non teña soportar interposicións e chantaxes de ningún tipo”, dixo Calvo, que puxo en valor a forma de facer política do PP, baseada na “credibilidade, a transparencia e o respecto”.
“O único obxectivo de Sánchez é que non goberne o PP, é capaz de gobernar sen gañar e farao a calquera prezo”, afirmou o popular, quen defendeu que os españois “non merecemos catro anos máis vendo como os sediciosos, malversadores, agresores sexuais, terroristas e okupas seguen sendo os favorecidos por cesións que chegaron a debilitar o noso Estado”.
Nesta mesma liña, o líder dos populares na provincial dirixiuse tamén a aquelas formacións que din que queren que goberne o PP, pero que, na súa opinion, logo bloquean para que non o faga. “A única maneira de garantir que Pedro Sánchez deixe da Moncloa é votar a Núñez Feijóo. Todo o que non sexa así é poñer darlle ás aos socialistas”, aclarou.

O aval de Feijóo
Calvo aproveitou tamén para destacar a política cercana e de rúa que o líder da súa formación, Alberto Núñez Feijóo, está a levar a cabo durante as últimas semanas, fronte ao socialismo de Pedro Sánchez que, na seu opinion, cada día que pasa está máis afastado dos problemas reais que sofre a xente.
“Os que coñecemos ao noso presidente sabemos que é un home serio, traballador, de principios, de palabra e sincero. Sabemos que é un home cos pés na terra e que sabe de onde vén”, dixo o presidente popular quen, pola contra, referiuse a Sánchez como un dirixente que o único que fixo durante os últimos anos é mentir aos españois.
Nesta liña, o líder dos populares na provincial da Coruña fixo fincapé na diferenza que existe entre que os cidadáns poidan ter un goberno sereno e coherente como é o do Partido Popular en Galicia e ter un que o único fixo é “enfrontar, frivolizar, polarizar e defender os intereses particulares por encima dos xenerais do país”.
Por ultimo Calvo referiuse a maneira que ten o ‘sanchismo’ de facer e de entender a política como unha ferramenta para crear división e defender os intereses persoais antes cos xerais, e asegurou que chegou o momento de recuperar o sentido común, de que en Madrid “se faga política á galega, de que en España volva reinar a unidade e a serenidade, de que se restaure a confianza e de que volva o compromiso coa
palabra”, en definitiva, dixo o popular, “chegou o momento de Alberto Núñez Feijóo”.

Outros artigos

Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira. Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...