Máis de 300 persoas formadas grazas os proxectos “programa integrado de emprego” e o “CEPES” de AMICOS

27 Xullo 2023

Amicos celebrou hoxe no Auditorio Municipal de Ribeira un acto de recoñecemento ao alumnado que se formou durante o primeiro semestre do Programa Integrado de Emprego 2022–2023.
O obxectivo principal do Programa Integrado de Emprego é a mellora da ocupabilidade e a
inserción laboral das persoas en situación de desemprego mediante a combinación de accións
de formación ocupacional, prácticas non laborais e prospección e mediación coas empresas.
Neste primeiro semestre fixéronse 471 titorías individuais e leváronse a cabo 36 accións
grupais entre formacións e talleres, 25 delas foron cursos relacionados co ámbito de almacén,
comercio e limpeza, e a maiores formacións transversais en educación emocional, habilidades
sociais e prevención de riscos. Por último, realizaronse 11 talleres grupais relacionados
principalmente con recursos dixitais para a busca de emprego e pautas para a realización dunha
entrevista laboral.
Tamén se firmarón 32 convenios con empresas, logrando que 30 persoas realizasen prácticas
non laborais en: Vegalsa, Gadisa, DS Smith, García Sánchez, Informática Rossman, Domus VIN
Ribeira, Supermercado DÍA de Ribeira, TIPSA, Clic Publicidade, Centro de Uñas Yazmin Reyes,
Pichero Estudo Fotográfico e A Despensa de María.
En canto a insercións, polo de agora 74 persoas xa tocaron emprego dende que comezou o
programa, 45 mulleres e 29 homes, desas 19 teñen discapacidade. 66 delas a día de hoxe
continúan traballando. Grazas o programa integrado de Emprego firmáronse un total de 111
contratos novos de traballo.
O acto estivo guiado por Rosario Cajaraville Duro, veciña de Ribeira que ven participando por
segundo ano consecutivo no programa, ela realizou formacións en manipulado de alimentos,
igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e educación emocional, grazas á súa gran implicación e constancia pudo realizar prácticas no Hiper Gadis de Ribeira, con funcións de
caixeira e reponedora.
De seguido, Xoan España, director xeral de Amicos, agradeceu o compromiso e dedicación do
alumnado durante este primeiro semestre do ano “Para Amicos a vosa vontade e dedicación e
o motor que nos impulsa a seguir traballando cara a formación e inserción laboral”.
Durante a xornada tamén se presentaron os resultados dos proxectos nos que Amicos.org e as
súas empresas de inserción, Properdis e Servinserta levan trabaiando nos últimos tres anos:
Amicovid19, Marcasocial.org e Proplus, que contan coa financiación de CEPES, Confederación
Empresarial Española de la Economía Social e o Fondo Social Europeo. Son tres iniciativas para
a mellora da competitividade e consolidación das empresas, as entidades de economía social e
as entidades de economía social que facilitan a inserción laboral de persoas con discapacidade
ou en situación ou risco de inclusión social.
Marisa Estalote, técnica de proxectos da asociación, xunto con Javier Freijo, usuario do centro
integral Amicos, foron os encargados de presentar os resultados.
Falaron sobre o proxecto Amicovid19, e a problemática platexanda pola emerxencia sanitaria
da Covid19 que acelerou a adaptación dos servizos á nova realidade. Por este motivo se
deseñaron e implementar medidas que permitirán dar continuidade aos servizos
proporcionados ás persoas con discapacidade de forma deslocalizada, así como brindar un apoio integral ás familias.
No proxecto Marcasocial.org mellorouse a competitividade das empresas e as entidades de
economía social da marca Amicos.org. Pretendese a potenciación de liñas de negocio actuais e
o impulso de novas solucións, co obxectivo de mellorar a atención integral dos colectivos máis
vulnerables.
Para finalizar falaron do proxecto Proplus que é un proxecto para mellorar a competitividade e
medidas de consolidación empresarial das empresas e entidades de economía social que
facilitan a inserción laboral de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión
social.
O obxectivo de Proplus é a sensibilización de cara ás contratacións públicas socialmente
responsables como unha ferramenta eficaz para avanzar no desenvolvemento sostible e para
acadar os obxectivos sociais da Unión Europea.
O acto foi clausurado pola Directora Xeral de Emprego e Igualdade, Zeltia Lado que comentou,
“É unha satisfacción poder comprobar estes resultados altamente satisfactorios de inserción
laboral, que tratan de favorecer os colectivos máis vulnerables” aproveitou para agradecer o
compromiso das empresas que axudan ás entidades como Amicos a que cumpran os obxectivos
marcados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vergüenza o sinvergüenza”. José Antonio Constenla

“Vergüenza o sinvergüenza”. José Antonio Constenla

Desvergonzado es aquel “que habla u obra con desvergüenza”, y también elque “no muestra vergüenza por cometer acciones que se reputan inmorales”. Yvergüenza es la “turbación del ánimo ocasionada por la conciencia de algunafalta cometida, o por alguna acción deshonrosa...

“Para desfrutar dela”. Luís Celeiro

“Para desfrutar dela”. Luís Celeiro

As festas de verán en Galicia son ledicia, festa, música e baile, verbena e fartura. Pola mañáé outra cousa, os traballadores teñen que respectar o horario e andar dereitiños cara aolugar do traballo. Ou cara ao ordenador que espera coa lámpada acendida e co disco...