Xerais 2023: Máis de 1,3 millóns de euros custos derivados da loxística e a seguridade do proceso electoral do 23X na provincia

10 Xullo 2023

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, explicou a loxística que se despregará para garantir o proceso electoral do 23 de xullo na provincia da Coruña, na que votarán 1.085.672 electores e electoras. Ademais 32.975 son mozas e mozos que votan por primeira vez ao cumprir 18 anos desde as últimas eleccións xerais de novembro de 2019.
Cos seus votos as coruñesas e os coruñeses escollerán a un total de 8 deputados e deputadas e 4 senadores e senadoras. En total, na provincia presentáronse 8 candidaturas ao Congreso e 7 ao Senado.

En canto á loxística, a subdelegada destacou que A Coruña contará con 1.544 mesas distribuídas en 886 locais electorais. Haberá dispoñibles 3.088 urnas e 889 cabinas para elixir as papeletas. En canto ao número de papeletas na provincia, para o 23J hanse impreso 10.241.040 para o Congreso e 1.250.000 para o Senado.
Estas mesas estarán atendidas por 4.632 membros de mesa e por 1.015 representantes da Administración que se encargarán de verificar a correcta apertura de mesas, resolver incidencias e recoller os datos do reconto de voto.
María Rivas avanzou que o dispositivo de seguridade para a xornada electoral contará cun total de 2.196 efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade, entre Garda Civil, Policía Nacional, Policía Autonómica e Policía Local.
A subdelegación do Goberno destina 1.367.317,51 millóns de euros aos custos derivados da loxística e a seguridade deste proceso electoral. Desta cantidade unha parte importante destínase a retribuír ás preto de 8.000 persoas que traballan na preparación e desenvolvemento da xornada electoral.
Do total do censo electoral, 922.306 persoas corresponden ao censo de electores residentes (CER) mentres 163.366 son persoas do censo electoral de españois residentes no estranxeiro (CERA).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...