O alcalde en funcións da Pobra, Xosé Lois Piñeiro e a edila noiesa, Lola Caramés, na candidatura de Sumar ao Congreso

28 Xuño 2023

O alcalde en funcións da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, ocupará o número oito da candidatura de Sumar ao Congreso pola provincia da Coruña.

A elección de Piñeiro responde á aposta da formación de incorporar ao proxecto nomes do ámbito municipalista, unha visión que para o pobrense é importante porque «os alcaldes saben que a política é resolver os problemas dá xente, como propón Sumar Galicia, e non crearllos». Avala a candidatura de Yolanda Díaz á presidencia do Goberno e engade o importante papel que xogará a número 1 pola Coruña, Marta Lois.

Xosé Lois Piñeiro ocupa o número oito da candidatura de Sumar, xusto por detrás doutra representante da política comarcal. A noiesa, Lola Caramés, que o próximo 7 de xullo deixará o seu posto na corporación como edila da Marea Cidadá de Noia, irá de número sete ao Congreso pola provincia.

Outros artigos

Ribeira acolle o evento deportivo Nada e Corre este 10 de decembro

O evento deportivo Nada e Corre, que consistirá nunha proba de natación e outra de carreira, terá lugar este domingo 10 de decembro do 2023 a partir das 10:00 no Complexo Deportivo Municipal A Fieiteira. Na proba poderán participar as categorías dende prebenxamín ata...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

“Ideología, vs, pensamiento creativo”. Manuel Dominguez

Cualquier parecido con la realidad es mera coincidencia Yo les sugiero que antes que yo hable, ellos se presenten. Uno me dice que en su juventud llegó a tener el libro rojo de Mao, fue trotskista, castrista, simpatizaba con LCR la Liga, admirador del Che, comunista,...

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

“O primeiro paso”. Luís Celeiro

Os cregos din que o do compromiso a longo prazo e para sempre é o valor principal que outorga o casamento pola igrexa. María Mercedes da Orde, casada e divorciada varias veces, di, sen falar, sen levantar a voz, case como se escoitaramos o seu pensamento,“vaiche boa!...