O Pavillón Agustín Mourís acolle este sábado unha velada benéfica en homenaxe a Tono da Silva

O vindeiro sábado 25 o Pavillón Agustín Mourís será escenario da primeira edición da velada benéfica de combate en homenaxe a todo un referente do deporte local como foi Tono Da Silva. Este luns presentáronse os detalles do evento ante os medios de comunicación. A concelleira de Deportes do Concello de Noia, Laura Salgado, xunto a representantes do SKT Club Deportivo e do elenco de deportistas que se subirán este sábado ao ring, foron os encargados de dar a coñecer os combates. A concelleira lanzou un convite aos veciños, non só da vila senón doutros concellos, para que merquen as súas entradas e gocen dunha gran velada.

Venta de entradas en:

Cafetería Perla II

Burguer Ril’s

Taberna do Lelo

O mesmo día en taquilla

E venda online en https://bit.ly/3FCnRAi

Tono da Silva

Antonio Da Silva Díez (Noia, 1971) foi un dos maiores e máis reputados mestres de full contact do territorio galego, artífice do impulso e do prestixio do Club de Lucha Noia, previa formación no Ximnasio Muíños na compaña de Moisés Hermo e Santiago Rodríguez, con quen deu a forma ao Club de Lucha. Máis tarde Tono e Santiago tamén impulsaron o SKT. Unha doenza cardíaca puido con el en outubro de 2022, doenza que xa arrastraba dende os 24 anos, cando sufriu o seu primeiro infarto (o que lle obrigou a deixar as competicións e a centrarse na formación).