A demografía e o futuro da sociedade galega centran a vindeira semana unha nova xornada sociosanitaria en Outes

14 Febreiro 2023

O concello de Outes vai acoller a vindeira semana unha nova xeira divulgativa das XVII Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes e das II Xornadas do Programa Universitario de Maiores en Outes (Cuarto Ciclo da USC).

Será o xoves 23 de febreiro, a partir das 18.30 horas, na Casa da Cultura da Serra. A nova xornada xirará arredor da seguinte cuestión: A Demografía e o futuro da sociedade galega. Será impartida por Antía Pérez-Caramés, profesora de Socioloxía da Universidade da Coruña, e Isidro Dubert García, profesor de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

O ciclo do que forma parte esta actividade divulgaativa está a ser coordinado por Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

As xornadas veñen da man do Concello (Centro Social e Centro de Saúde), a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatria, a USC, ADISBISMUR e a Asociación Cultural Terra de Outes.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.