O venres estará marcado pola entrada de aire frío en altura xerando inestabilidade na atmosfera. Agárdase, así, un día de ceos parcialmente nubrados con chuvascos localmente fortes e tormentosos que poden vir acompañados de saraiba, especialmente a partir do mediodía. A cota de neve situarase nos 1200 metros de altitude. As temperaturas rexistrarán un lixeiro a moderado descenso. O vento soprará do noroeste, aumentando de intensidade cos chuvascos máis fortes.
Atención para venres: Chuvascos localmente fortes que poden vir acompañados de aparato eléctrico e saraiba.
Temperatura do aire (°C) | MINMAX 9° 15° |
Temperatura da auga (°C) | 17° |
Índice ultravioleta máx. | 1 |

O NOSO MAR: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3.5 a 4 metros á mañá e 3 a 4 metros á tarde e á noite.
Mareas
Muros | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 05:23 | 1.6 m |
Preamar | 11:41 | 2.9 m |
Baixamar | 18:10 | 1.3 m |
Vigo | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 05:17 | 1.6 m |
Preamar | 11:33 | 2.9 m |
Baixamar | 18:03 | 1.3 m |
Vilagarcía | ||
---|---|---|
Hora* | Altura | |
Baixamar | 05:21 | 1.6 m |
Preamar | 11:36 | 2.9 m |
Baixamar | 18:08 | 1.3 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)