Vendidas máis da metade das entradas para o Xantar de Confraternidade da Pobra

21 Novembro 2022

A Pobra do Caramiñal retoma este 2 de decembro o Xantar da Confraternidade; unha cita destinada en exclusiva ás persoas maiores de 60 anos que agarda reunir un máximo de 850 comensais no polideportivo de Venecia, ás 14.30 horas. O Concello abriu o período de inscrición hai unha semana, o 14, e, segundo confirmaron fontes do Consistorio “xa se levan vendidas máis de 500 entradas”. O prazo para se anotar continúa aberto ata 29 de novembro, de luns a venres, en horario de 09.30 a 14.00 horas, no primeiro andar da Casa Consistorial.

O prezo é de 15 euros por persoa, que se deberán aboar preferiblemente mediante a tarxeta. O menú constará de dous mariscos, peixe, carne, sobremesa, café e bebidas variadas.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), engaden que a xornada estará amenizada por dous grupos e tamén se realizará un sorteo de agasallos doados por empresas colaboradoras. A recepción contará coa música tradicional de Trécola, mentres que Puzzle marcará o ritmo do baile da tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...