22 Novembro 2022

Debido ao impacto, o camión, cargado con bombonas, perdeu algo da súa carga, pero sen consecuencias nin para a contorna nin para as persoas.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro rexistrouse ás 13:30 horas de hoxe na DP-5304, en Abelleira, no que se viron implicados o camión e un furgón funerario. Precisamente, o condutor do segundo vehículo debeu agardar a chegada dos equipos de emerxencias para poder saír do habitáculo e recibir a asistencia médica necesaria a causa das lesións en clavícula e pernas. 

Así, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os membros do GES de Muros e dos Bombeiros de Cee co fin de rescatar ao único ferido atrapado. De feito, o condutor do camión, malia ter algunha molestia nunha perna, continuou a marcha co seu vehículo cando os servizos de emerxencias remataron a súa actuación e os detalles do accidente foron revisados polas forzas de seguridade.

Concretamente, acudiron á chamada do 112 os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

En canto á carga do camión, certamente caeron 4 das 40 bombonas que transportaba, pero estaban baleiras. De todos os xeitos, foron recuperadas polos membros do GES de Muros e o resto da carga recollida noutro vehículo. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...