Un Rotogal Boiro Voleibol mermado polas baixas claudica ante o poderoso Guaguas

Partido con pouca historia o que o Guaguas e o Rotogal Boiro Voleibol disputaron no Centro Insular de Deportes das Palmas. Os galegos, que viaxaron coas baixas de Mario Iglesias, Gaby do Carmen, Ismael Martínez e Martín Casais, puideron ofrecer pouca batalla ante un rival de enorme potencial que aspira a facerse cos títulos de Superliga e Copa. A pegada ofensiva de Yadrián Escobar marcou as diferenzas desde o inicio dun choque que se resolveu de maneira rápida.
O Rotogal Boiro Voleibol presentou a novidade da titularidade do cadete Aarón Vidal en terras canarias. As baixas obrigaron aos da Cachada a realizar moitos axustes no equipo. Juan Quelle formou como central, mentres que Pablo Nieto actuou como oposto. Con todo, a resistencia ofrecida ante o Guaguas foi escasa.
Os canarios non deron opción á sorpresa cun saque potente e un ataque demoledor. Desta maneira, pecharon o choque de maneira clara en tres sets.

Guaguas, 3: Bertassoni, Olalla, Fernando Fernández, Yadrián Escobar, Lucas Conde, Borja Ruiz e
Daniel Ruiz (líbero).
Rotogal Boiro Voleibol, 0: Aarón Vidal, Héctor Barro, Jaime Arjones, Alan Davila, Juan Quelle,
Pablo Nieto y Adrián Alves (líbero). También xugou Martín García.
Sets: 1-0 (25-13), 2-0 (25-13) y 3-0 (25-11).
Árbitros: Enrique Romero e José María Padrón.
Incidencias: Partido de la Superliga disputado no Centro Insular de Deportes de Las Palmas.