Traballador ferido na descarga dun barco na illa de Sálvora foi levalo ao hospital

04 Novembro 2022

Unha embarcación de Salvamento Marítimo trasladou ao operario ata Aguiño, desde onde foi evacuado en ambulancia ao hospital.

Un particular alertou ao 112 Galicia, ás 11:15 horas, de que un traballador sufrira un golpe na cabeza cando realizaba tarefas de descarga nun buque situado no peirao da illa de Sálvora. Segundo informaron os servizos de emerxencias, o ferido golpeouse cun cabo en mal estado que se soltou.

Entón, desde o 112 solicitouse a colaboración no operativo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia e da Policía Nacional.

Os efectivos de Salvamento Marítimo encargáronse de levar ao ferido á costa de Aguiño, onde o recolleu unha ambulancia na que foi trasladado ata o Hospital do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...