Servizos Sociais de Ribeira organiza dúas charlas sobre estranxeiría e asilo

14 Novembro 2022

A Concellería de Servizos Sociais de Ribeira organiza este mes dúas xornadas informativas sobre as últimas novidades en materia de estranxeiría e asilo.

Esta actividade dupla dará comezo este venres 18 de novembro cunha charla sobre a situación actual do asilo, que terá lugar no Centro Cultural Lustres Rivas ás 19.30 horas. Contará cunha duración dunha hora e media.

A seguinte xornada informativa celebrarase o vindeiro mércores 23 ás 15.30 horas, na mesma sala, cunha duración prevista de 2 horas. Ese día o tema será a recente modificación do regulamento de estranxeiría, que suscita dúbidas frecuentes entre a poboación inmigrante de Ribeira.

Ambas sesións correrán a cargo de Francisco Melón, asesor xurídico que presta o servizo especializado en materia de estranxeiría no departamento de servizos sociais de Ribeira desde o pasado mes de maio e que traballa para a ONGD Sen Valos, da Coruña. Este servizo está subvencionado pola Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política social e polo Fondo Social Europeo.

O acceso ás xornadas é libre, sen inscrición previa, e aberto a toda a cidadanía de Ribeira e profesionais que teñan interese na área: asociacións, ONG, xestorías… Pódese asistir a unha ou a ambas, de xeito indistinto. Aconséllase acudir uns minutos antes da hora prevista.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

“Hacia la España federal”. Xosé Perozo

Si se cumplen las predicciones demoscópicas, el próximo domingo EH Bildu ganará las elecciones en el País Vasco, superando por primera vez al PNV en escaños y en votos. El fenómeno de crecimiento abertzale está rasgando las vestiduras de muchos politólogos y...