Sábado ceos cubertos e con chuvias

O sábado continuaremos na influencia das baixas presións, con ventos de compoñente oeste e co paso dunha fronte cálida a partir do mediodía e dunha fronte fría durante a noite. Así, durante a mañá agárdase ceo parcialmente cuberto, con algún chuvasco illado máis probable na metade norte, de neve en cotas arredor dos 1200 metros. A partir do mediodía quedaremos cos ceos cubertos e con chuvias que irán chegando a toda a Comunidade co avance da tarde. As temperaturas comezarán en valores fríos e irán en progresivo ascenso. Os ventos soprarán do noroeste a primeiras horas e irán virando ata quedar do suroeste ao final do día.

meteogalicia

O NOSO MAR: Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá, 2.5 a 3.5 metros á tarde e 2.5 a 3 metros á noite. Vento do noroeste á mañá, do oeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 1 a 2 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e mala á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar00:232.8 m
Baixamar06:241.4 m
Preamar12:353.1 m
Baixamar18:591.1 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar00:162.8 m
Baixamar06:151.4 m
Preamar12:273.0 m
Baixamar18:481.2 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar00:212.8 m
Baixamar06:201.4 m
Preamar12:313.0 m
Baixamar18:551.1 m
Temperatura do aire (°C)MINMAX 8° 16°
Temperatura da auga (°C) 17°
Índice ultravioleta máx.1

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)