Ribeira honrará o Día de Santa Icía coa actuación de tres corais no Auditorio Municipal

11 Novembro 2022

O Concello de Ribeira vai festexar o Día de Santa Icía, patroa da música, coa actuación de tres corais o sábado 18 de novembro no Auditorio Municipal: a de Caldas de Reis, a de Santa Susana de Santiago e, como anfitrioa, a Coral Polifónica Municipal de Ribeira baixo a dirección de Alexandre Fontán que se estrea como director da formación local.

A actuación desenvolverase a partir das oito da tarde (con entrada gratuíta ata completar o aforo) e o repertorio estará integrado por unha completa selección de obras e pezas de distintos artistas e estilos, unindo tradición, galeguidade, música sacra e música popular.

Actuación na Igrexa de Oleiros con motivo da celebración de San Martiño

Precisamente no mediodía deste 11 de novembro a coral ribeirense actuou no transcurso dunha misa solemne celebrada na Igrexa de Oleiros con motivo do Día de San Martiño, patrón da parroquia. Cos seus integrantes estivo a concelleira de Cultura e primeira tenente de alcalde, María Sampedro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

“Reto astrolabio”. Alberto Barciela

El mar merece respeto, aun así reclama y admite audacias, quizás motivadas por el horizonte casi infinito. El ser humano, en la búsqueda de sí mismo, de completar inquietudes y afanes, de responder a su curiosidad, acepta con gusto el reto de los nuevos rumbos,...