Reducido a cinzas o restaurante boirense “Estrella del Mar”. Video

07 Novembro 2022

Bombeiros Boiro
Dotación de bombeiros do @cciacoruna con base en Boiro e Ribeira actuando en incendio de Restaurante en Praia Xardín no Concello de Boiro.

Un incendio reduciu esta madrugada a cinzas o restaurante “Estrella del Mar”, ubicado no paseo marítimo de Praia Xardín en Boiro.

O lume declarouse sobre as cinco da mañá e Bombeiros de Barbanza continúanintervindo na zona, motivo polo que está pechado o tráfico no vial que enlaza a vila de Boiro con Escarabote.
Por agora descoñécense as causas polas que se declarou o lume . O feito de que a estrutura fose toda de madeira favoreceu a extensión das chamas.

Ampliación: O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao fío das 5:00 horas desta madrugada. As instalacións, construídas en madeira, arderon por completo, sen ter que lamentar danos persoais.

O restaurante está situado na avenida de Barraña, sen vivendas habitadas nas súas proximidades, e foi un particular o que alertou de que saía fume polo tellado do inmoble. Entón, o 112 coordinou a acción dos Bombeiros de Boiro e de Ribeira, así como da Garda Civil e de Protección Civil de Boiro, que se presentaron no lugar.

Os servizos de extinción encargáronse de controlar e extinguir as lapas, que queimaron por completo o edificio. Pasadas as 8:20 horas, seguían no punto traballando para refrescar a zona.

Remitido
Restaurante Estrella del Mar Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...