Preto de 3 millóns de euros para as obras de ampliación e mellora do complexo deportivo da Fieiteira

10 Novembro 2022

O Consello da Xunta de Galicia aprobou este xoves o segundo acordo do convenio co Concello de Ribeira para as obras de ampliación e mellora do complexo deportivo da Fieiteira cun investimento definitivo de 2,7 millóns de euros.
A Secretaría Xeral para o Deporte será a encargada de proporcionar o 55 % do importe total a través dunha achega de 1,5 millóns de euros. Mentres o Concello de Ribeira contribuirá cos restantes 1,24 millóns.
Un dos puntos máis destacados consistirá na construción dun módulo de atletismo cuberto, enfocado en probas de velocidade, saltos e lanzamentos. Ademais o recinto terá un espazo de 1.900 metros cadrados e está previsto que as obras finalicen no ano 2024.

Esta actuación responde as demandas de centos de deportistas de Ribeira e da comarca de Barbanza, que contan con referentes de primeiro nivel nacional e mundial en ambas as disciplinas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...