Os monstros de Maurice Sendak recalan este sábado 12 de novembro en Porto do Son

Este sábado 12 de novembro vaise representar en Porto do Son a adaptación teatral dunha das grandes obras literarias infantís das pasadas décadas: Onde viven os monstros, de Maurice Sendak. Será ás 17.30 horas na Casa da Cultura de Porto do Son e non será preciso retirar entrada. Trátase dunha función producida por Urdime e recomendada para nenas e nenos maiores de 4 anos. A adaptación teatral foi levada a cabo pola Compañía Os Náufragos. O elenco está formado por Gustavo de Río e Victoria Teijeiro.

Sinopse

O pequeno Max pasa o día facendo trasnadas. A súa nai cansa desta situación decide castigalo. Enfadado, Max viaxará ao marabilloso mundo onde viven os monstros, no que vivirá aventuras extraordinarias ata converterse en rei. Unha tarefa máis difícil do que el pensaba. Onde viven os monstros é una peza inspirada no clásico da literatura infantil, de Maurice Sendak, considerado álbum ilustrado perfecto, que mestura fantasía e realidade por igual trazando un fiel retrato da infancia.