O voluntariado de Afundación e Abanca retira en Corrubedo dúas toneladas e media de especies exóticas invasoras

06 Novembro 2022

O programa de voluntariado ambiental de Afundación e Abanca ‘Traballando pola mellora do patrimonio natural’ reuniu este sábado, ás voluntarias e voluntarios para realizar labores de retirada de especies botánicas exóticas invasoras na contorna do Faro de Corrubedo, no municipio coruñés de Ribeira.

remitida

A acción, organizada en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, tiña como obxectivo fundamental controlar a presenza de exemplares de Carpobrotus edulis (coñecida popularmente como ‘uña de gato’) nunha zona de alto valor ecolóxico.
As persoas participantes retiraron en total dúas toneladas e media desta especie exótica invasora surafricana orixinaria da rexión do Cabo que adoita ocupar medios costeiros, formando un tapiz sobre o substrato que altera as condicións do chan, principalmente insolación e dispoñibilidade de nutrientes.

Coas iniciativas de voluntariado no ámbito do medio ambiente, ambas as entidades queren conseguir un impacto directo en catro Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): ODS 10 ‘Redución das desigualdades’, ODS 13 ‘Acción polo clima’, ODS 14 ‘Vida submarina’ e ODS 15 ‘Vida de ecosistemas terrestres

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...