O Son participará na X Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero

14 Novembro 2022

O Concello de Porto sumouse á décima edición da Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero, que se desenvolve baixo o lema Camiño ao respecto, con motivo das celebracións do 25-N. Os detalles desta iniciativa impulsada pola Xunta xa podemos consultalos polo miúdo en andaina.caminoaorespecto.gal. O Concello explicou á cidadanía que terá dous xeitos de participar:

-Do 13 a 20 de novembro. As persoas interesadas poden participar camiñando por Porto do Son, ao “seu ritmo” e pola ruta que elixan pre-deseñada a través de www.portodoson.gal/rutas ou deseñada segundo as súas preferencias.

-20 de novembro ás 11:00 da mañá dende o Monte do Gozo.

Quen queira participar pode solicitar o dorsal personalizado na web andaina.caminoaorespecto.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...