O Rotogal Boiro Voleibol aspira a medrar na súa versión visitante contra o Conectabalear Manacor

04 Novembro 2022

M.A.- Terceiro desprazamento do curso para o Rotogal Boiro Voleibol, que visitará este sábado 4 de novembro (ás 19.00 horas no Polideportivo Miquel Ángel Nadal) ao Conectabalear Manacor. Os da Cachada afrontan a viaxe a terras baleares con dúas materias pendentes: sumar os primeiros puntos na Superliga e mellorar o ton competitivo como visitantes.

O Rotogal Boiro Voleibol contará coa baixa de Martín Casais, que se recupera dunha lesión no xeonllo, e coa dúbida de Alan Davila, que arrastra problemas musculares desde o adestramento do mércores. As opcións dos de Emilio Palacio para lograr algo positivo nas illas pasan por mellorar o rendemento desde o inicio do encontro e callar un partido moi completo ante un adversario que ocupa a oitava posición da táboa con oito puntos.

O Conectabalear Manacor cambiou moito con respecto á pasada campaña. Perdeu a xogadores importantes como Víctor Méndez, Thiago Vanole ou Miguel Gallego, polo que outros tiveron que asumir o protagonismo no inicio da competición. Ata a data, destacaron individualidades como o oposto José Chourio, o líbero Antoni Piris ou o central Alejandro Ribas.

Precedentes

Tempada 2021-2022

Manacor, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 1

Rotogal Boiro Voleibol, 3-Manacor, 0.

Tempada 2020-2021

Rotogal Boiro Voleibol, 0-Manacor, 3

Manacor, 3-Rotogal Boiro Voleibol, 1

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...