O PSdeG abre o proceso de elaboración das candidaturas ás alcaldías 

19 Novembro 2022

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, José Manuel Lage Tuñas, anunciou hoxe a apertura do proceso de elaboración das candidaturas municipais coas que o partido se fixa o obxectivo de gobernar a máis da metade da poboación de Galicia. Lage tamén puxo en valor “a xenerosidade” amosada por todas as partes para que Francisco Rodríguez sexa de novo aspirante á alcaldía de Ourense, e sinalou que é a garantía para a cidade “sexa capaz de saír do pozo” no que está metida.
Lage aludiu ao PSdeG como “o partido que mellor xestiona os concellos galegos”, dende as 110 alcaldías e as tres presidencias das deputacións que ostenta gobernando para case que o 55% da poboación galega. “Somos conscientes de que estamos nun momento diferente ao 2019”, dixo sobre as anteriores municipais, pero remarcou que o compromiso dos socialistas é seguir gobernando dende os concellos a máis da metade dos galegos e galegos.

A preguntas dos xornalistas, o responsable de Organización evitou pronunciarse sobre a incoación dun expediente disciplinario contra un deputado autonómico, e limitouse a dicir que “ninguén está por riba das noras do partido”.
Apuntou Lage Tuñas que os militantes do PSdeG elixiron nun proceso de primarias a un secretario xeral, que conformou un equipo de dirección no correspondente congreso.
Polo tanto, o que toca é “respectar a decisión da militancia”, e insistiu en que “ninguén está por riba das normas do partido”.

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...