O Pazo de Goiáns acolle este sábado visitas teatralizadas de Os Quinquilláns e dúas presentacións literarias

05 Novembro 2022

Este sábado 5 de novembro o Pazo de Goiáns (Boiro) é novamente un fervedoiro de actividade cultural. En concreto, acubillará tres accións da axenda do Concello para este mes de novembro: unha nova xeira de visitas teatralizadas para coñecermos a historia do pazo por boca de Os Quinquilláns e dúas presentacións literarias: Atlántico Norte, Chamádeme Ismael, de Xosé Iglesias, e Abril, de Etna W. Crush.

VISITAS TEATRALIZADAS
Data: sábado 5 ás 17.30 horas e domingo 6 ás 11.30 horas
Lugar: Pazo de Goiáns
Descrición: visitas teatralizadas a Goiáns realizadas polos Quinquilláns para coñecer a historia do Pazo a través das personaxes que o habitaron.
Entradas esgotadas (visitas aprazadas do mes de outubro)

PRESENTACIÓN LITERARIA ATLÁNTICO NORTE, CHAMÁDEME ISMAEL
Data: sábado 5 de novembro
Hora: 19.00 horas
Lugar: Pazo de Goiáns
Descrición: presentación e recitado do último poemario de Xosé Iglesias: Atlántico norte, chamádeme Ismael.
Unha presentación en colaboración con Unión de Muchachas.

PRESENTACIÓN LITERARIA ABRIL
Data: sábado 5 de novembro
Hora: 20.30 horas
Lugar: Pazo de Goiáns
Descrición: presentación do libro de Etna W. Crush, Abril, e peche musical a cargo de Juan Ortega e Lois Pimentel da Escola de Música de Boiro.

Outros artigos

Boiro impulsa un Camiño Escolar Seguro cara aos centros educativos

O Concello de Boiro e a Policía Local, xunto coa comunidade educativas do CEIP Santa Baia, o CEIP Praia Xardín e o IES Praia Barraña realizaron este 24 de abril unha xornada promocional do Camiño Escolar Seguro. Na actividade participaron o alcalde, José Ramón Romero,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La derecha no muerde”. José Castro López

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...